Land Rover Explore, o novo smartphone para aventureiros
xoves, 22 de febreiro do 2018
Bullitt
Group chegou a un acordo con Land Rover para a comercialización dun smartphone
para aventureiros, o Land Rover Explore, que céntrase na resistencia e na
autonomÃa, pero mantendo certo equilibrio que permita o seu uso tanto na
oficina como en actividades en exteriores.
O Land
Rover Explore incluirá un Adventure
Pack que permite mellorar o GPS (igualándoo aos dispositivos GPS autónomos),
inclúe unha baterÃa adicional de 3.600 mAh e conta con mapas topográficos con
realidade aumentada de ViewRanger. No que respecta a resistencia, o teléfono
resiste caÃdas (até 1,8 metros), sobrevive á súa inmersión na auga (incluso
salgada) e tamén soporta temperaturas extremas e cambios de temperatura bruscos,
estando o seu deseño inspirado o Land Rover Discovery.
Este terminal, presentado na feira ISPO 2018, poderá verse no Mobile World
Congress, e está equipado cun procesador MediaTek Helio X27 de dez núcleos, 4
GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e baterÃa de 4.000 mAh (aÃnda que
tamén venderán un Battery Pack que engade 4.370 mAh á unidade principal). Sairá
á venda en abril e o
seu prezo será de 649 euros.
- O Land Rover Explore é ideal para usuarios que precisan dun smartphone resistente e con grande autonomÃa