Larklife: unha pulseira intelixente para levar un ritmo de vida máis saudable

luns, 8 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Cada vez son máis os dispositivos que buscan animar aos seus usuarios a incrementar a súa actividade física e a practicar máis deporte, rexistrando a súa actividade diaria de distintos xeitos, e nesta liña chega agora larklife, unha pulseira que busca axudarnos coa dieta alimenticia, a práctica de exercicio, a produtividade laboral e o seguimento do sono, funcións pra os que se sincroniza con dispositivos con iOS a través dunha aplicación de balde.
Nun principio a pulseira larklife fai un seguimento da actividade diaria, a dieta e o sono, e a aplicación para iPhone (ou outros dispositivos móbiles de Apple) aproveita a información recollida para informar da nosa evolución ou realizar suxestións que poidan axudar ao usuarios a sentirse mellor.
Comercialízase nun paquete con 2 pulseiras (unha para o día e outra para a noite) e a súa aplicación móbil precisa para funcionar iOS 5.1 ou superior (sendo compatible cun iPod Touch de terceira xeración ou superior e cun iPhone 3GS ou superior), estando o seu prezo de venda fixado en 149,99 dólares (115,60 euros) anunciándose a súa data de lanzamento antes de rematar o ano (o proceso de reserva xa está aberto). Pode parecer un prezo elevado para un podómetro avanzado, pero para moitos pode resultar un incentivo para levar unha vida máis saudable.


Vídeo no que se detalle o funcionamento de larklife

PUBLICIDADE