Left 4 Dead 2 estrea demo para Xbox 360
martes, 3 de novembro do 2009
Os usuarios Gold
de Xbox LIVE poden descargar dende hoxe os 1,69
Gb da versión de demostración do agardado xogo Left 4 Dead 2, que chegará ao mercado o 17 de novembro,
de xeito que poderán probar de primeira man a campaña The Parish.
Coa demo do xogo podemos botar unha ollada a moitos dos detalles incluÃdos
dende a primeira entrega da saga, coma son as novas armas para o corpo a corpo,
novos inimigos, un novo motor para a intelixencia artificial e un escenario
completamente diferente, pasando das escuras instancias de Left 4 Dead a Nova Orleans, que pode verse a pleno dÃa, o que
lembra lixeiramente ao acontecido co Resident
Evil 5 (xogo diurno en contraste cos seus predecesores da franquÃa de
Capcom).
Left 4 Dead 2
está protagonizado por 4 novos superviventes
que recorren a rexión suroriental dos EE.UU., dende Savannah (Georgia) ata o
barrio francés de Nova Orleans. Aparte de para Xbox 360, este tÃtulo tamén
terán sendas entregas para PC e PlayStation 3.