Left 4 Dead para PC será de balde durante 24 horas
xoves, 30 de abril do 2009
A xente de Valve
quere atraer a máis xogadores ao seu magnÃfico Left 4 Dead, e por iso durante a xornada de mañá (exactamente a
partir das 00:01 horas GMT) a versión para PC este xogo poderá descargarse e
xogarse en liña de balde a través da
plataforma Steam, aÃnda que tras as 24
horas da promoción bloquearase e será preciso pagar os 29,99 euros que vale
este tÃtulo en descarga.
Dado que o xogo está orientado a modos multixogador, esta oferta resulta
sumamente atractiva, pois a xente que aÃnda non se achegou ao que moitos
consideran coma o mellor xogo en rede de 2008, poderá asà participar xunto con
4 amigos nas campañas mata-zombies que teñen lugar ao longo de 20 mapas que
compoñen o xogo.
Este tÃtulo conta con varios modos de xogo: individual, cooperativo e
multixogador. E incluso existe un curioso modo Versus no que catro usuarios manexarán aos protagonistas, e outros
catro poderán meterse no corpo dos zombies
que os atacan, asegurando moita diversión nunha aventura na que o argumento é o
menos e a diversión en grupo é a chave do seu éxito.