Leica presenta un proxector 4K de tiro ultra curto

venres, 2 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Leica Camera AG presentou no marco da feira IFA de Berlín un proxector láser de tiro ultra curto que preséntase como unha solución que fai tanto de televisor de grande tamaño como de sistema de cine en casa, sendo capaz de proxectar unha pantalla con resolución 4K cun tamaño de 80 ou 100 polgadas (en función do modelo, cun brillo de 2.100 e 2.500 lumenes respectivamente), soportando tamén son Dolby Atmos, co que garante unha calidade audiovisual á altura da marca Leica.
O proxector Leica Cine 1 promete alta tecnoloxía óptica con bo deseño, no que consideran que é a proposta de futuro da marca de cara ao consumo audiovisual doméstico. O proxector integra sintonizador de televisión e entradas HDMI e USB para achegar contidos. Chegarán ao mercado europeo no segundo trimestre de 2023 a prezos que aseguran que estarían bastante por enriba doutras alternativas do mercado de marcas recoñecidas (partirían de 6.900 dólares) deixando claro que estamos ante un produto orientado a un segmento de luxo.

Vídeo de presentación do proxector Leica Cine 1

PUBLICIDADE