Lenovo anuncia un ordenador todo-en-un con pantalla de 18,5 polgadas

luns, 1 de abril do 2013 Marcus Fernández

Os ordenadores todo-en-un parecen cada vez máis completos e asumibles, buscando adaptarse a distintas necesidades, e para os que precisen dun equipo compacto Lenovo propón agora o seu ThinkCentre Edge 62Z, que baséase nunha pantalla de 18,5 polgadas, o que fai que poida ser axeitado para espazos reducidos ou para laboratorios de informática, especialmente polo seu prezo axustado (porase á venda en maio a un prezo que parte dos 549 dólares).
O Lenovo ThinkCentre Edge 62Z está equipado ata cun procesador Intel Core i3 de trceira xeración, 6 portos USB 2.0, gravadora de DVD, gráfica Intel HD e altofalantes de 2 W, podendo configurarse con ata 1 Tb de disco duro e ata 8 Gb de memoria RAM.
Aínda que nun primeiro momento poida pensarse que é un equipo moi axeitado para o fogar, está máis pensado para usos profesionais, para facer un reducido consumo enerxético, ocupar pouco espazo na oficina e incluso poder colgarse dunha parede.

PUBLICIDADE