Lenovo integra auriculares sen fÃos nun dos seus novos portátiles
martes, 29 de setembro do 2020
Entre os novos equipos portátiles presentados por Lenovo
chamou poderosamente a atención o ThinkBook
15 Gen 2 i por unha caracterÃstica moi orixinal, xa que este ordenador
inclúe auriculares sen fÃos que poden gardarse nun compartimento dentro do
propio equipo, e no que se cargan automaticamente, de xeito que chega con sacalos
de aà para que se conecten ao portátil. Estes auriculares buscan atender á
demanda crecente de xuntanzas en liña, para as que o uso de auriculares sen
fÃos resulta moi práctico, especialmente se temos en conta que teñen dobre
micrófono para cancelar o ruÃdo ambiental das conversas.
Estes equipos tamén contan con dobre almacenamento, de xeito que o usuario pode
elixir se combinar disco duro con SSD ou optar por dobre SSD. Tamén conta cun
modo de funcionamento en espera que permite que o equipo estea sempre dispoñible
para o uso, chegando incluso a descargar os correos electrónicos coa equipo
pechado, procurando asà unha mellor experiencia de uso e unha maior
produtividade.