Lenovo presenta novos ThinkPad para profesionais con pantallas UHD

martes, 11 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Con gallo do congreso SIGGRAPH 2015, encontro centrado nos gráficos xerados por ordenador e nas técnicas interactivas, Lenovo presenta novos ordenadores portátiles, o ThinkPad P50 e P70, equipos de grande rendemento pensados para os que precisan un equipo transportable para traballar e que permiten configuracións que en poucas ocasións podemos ver nun portátil.
Así, o ThinkPad P70 pode configurarse con até 64 GB de memoria DDR4, con até 4 unidades de almacenamento e até 1 TB de SSD, soportando a última tecnoloxía PCIe para poder conseguir velocidades até 5 veces máis rápidas que a actual tecnoloxía SATA e incluso contando con 2 portos Intel Thunderbolt 3 para conectividade ultra-rápida. Un dos detalles máis rechamantes deste portátil é que pode configurarse cunha pantalla táctil Full HD de 17 polgadas ou cunha pantalla de 17 polgadas de ultra alta definición, converténdose así nunha excelente solución para os profesionais da imaxe.
Na mesma liña está o ThinkPad P50, que é unha versión máis delgada e lixeira, por optar por unha pantalla de ultra alta definición e 15,6 polgadas, o que dalle un formato máis compacto.
Estes novos equipos sairá á venda a finais de ano, e o prezo do Lenevo ThinkPad P50 partirá dos 1.599 dólares, mentres que o P70 inicia o seu prezo nos 1.999 dólares.

O Lenovo ThinkPad P50 é capaz de meter unha resolución UHD na súa pantalla de 15,6 polgadas

PUBLICIDADE