Lenovo presenta un novo tablet con Windows 8.1
martes, 13 de maio do 2014
Tras probar sorte cun tablet de 8 polgadas con Windows 8,
Lenovo opta agora a incrementar o seu tamaño de pantalla e presenta
o Lenovo ThinkPad 10, un equipo moi interesante, por ter un formato de
tablet pero facer doado ter as prestacións propias dun ordenador completo. Este
novo tablet terá unha pantalla IPS de 10 polgadas cunha resolución de 1.920 x
1.200 pÃxeles (superando en densidade de pÃxeles á meirande parte de
ordenadores portátiles que estamos afeitos a ver nas tendas), un procesador
Intel Atom de catro núcleos (Bay Trail)
que consegue un bo rendemento sen un consumo excesivo, ata 4 Gb de RAM (fronte
aos 2 Gb de boa parte dos tablets con Windows) ata 128 Gb de almacenamento
interno e lapis dixitalizador.
Entre os seus atractivos tamén estarÃan os seus accesorios, como un teclado (Ultrabook
Keyboard) que converte o ThinkPad 10 nunha especie de ordenador portátil
completo (xa que tamén inclúe trackpad) que se comunica fisicamente co tablet
sen precisar de Bluetooth (facilitando o seu uso), unha funda que inclúe un
teclado táctil (semellante ao dos Surface de Microsoft), un soporte para os
escritorio (que facilita o uso dun monitor externo e discos duros externos) e
incluso unha funda reforzada (pensada para o uso do tablet en contornos
industriais). Sairá á venda en xuño a prezos que parten dos 599 dólares nos
EE.UU., o que supón unha rebaixa con respecto a dispositivos semellantes da
mesma marca.
- O Lenovo ThinkPad 10 contará cun soporte para poder empregar comodamente un monitor externo no escritorio