Lenovo presenta unha estación de traballo cun volume de pouco máis dun litro
mércores, 21 de xuño do 2017
Existen moitos perfÃs de usuario que precisan equipos informáticos
de certa potencia, pero non queren sacrificar moito espazo no seu escritorio, e
para atender a esa demanda Lenovo vén de presentar o ordenador
ThinkStation P320 Tiny, que a compañÃa considera que serÃa a estación de
traballo máis pequena do mercado con certificación ISV, que mide 182,9 x 179 x
34,5 milÃmetros (1,13 litros) e pesa 1,3 quilogramos, contando tamén coa opción de
incorporarlle un adaptador VESA (o que facilita a súa ocultación detrás dun
monitor).
Os equipos ThinkStation P320 Tiny poden equiparse con procesadores Intel Core
de sétima xeracións, gráfica nVIDIA Quadro P600, até 32 GB de RAM DDR4 a 2.400
MHz e até 2 TB de almacenamento, contan con 6 portos USB 3.0, 4
miniDisplayPort, 2 DisplayPort, Ethernet e tomas de audio, de xeito que serÃa
un produto moi atinado para profesionais como arquitectos, enxeñeiros o
profesionais das finanzas (pois teñen potencia dabondo para mover os gráficos
en varios monitores á vez). O seu prezo nos EE.UU. parte dos 799 dólares.
- Os equipos ThinkStation P320 Tiny son aptos para traballar con varios monitores simultaneamente