Lenovo presenta unhas lentes que serven de pantalla persoal
xoves, 1 de setembro do 2022
No marco da feira IFA de BerlÃn o fabricante chinés Lenovo
presentou as súas lentes T1, que non buscan ser unhas lentes de realidade aumentada,
senón simplemente funcionar como unha pantalla externa persoal, polo que pode
ser axeitada para múltiples escenarios.
As Lenovo
T1 Glasses teñen o aspecto dunhas lentes de sol un tanto grosas, que
albergan un par de pantallas micro OLED (unha para cada ollo) con resolución
Full HD e unha velocidade de refresco de 60 Hz, e con altofalantes nas súas
patillas (incluÃndo unha das mesmas controis do nivel de volume).
Estas lentes reciben o sinal a través dun porto USB-C que pode conectarse a un
smartphone de certa potencial (como móbiles Motorola cun procesador Qualcomm
Snapdragon a partir da familia 800, ou dispositivos con iOS) ou a un ordenador
portátil (con Windows ou macOS) que serÃan os que realmente procesarÃan o vÃdeo
que amosan.
Estamos ante un accesorio que pode empregarse para gozar de experiencias
persoais máis inmersivas que a pantalla dun portátil ou dun móbil, ou para
poder consultar información de xeito privado. Chegarán ao mercado chinés a
finais de ano e a outros mercados o ano que vén, cun prezo aÃnda por determinar
(e que pretenden que estea por debaixo dos 500 dólares).
- As lentes integran un par de pantallas micro OLED