Lentes de vÃdeo con imaxe panorámica
xoves, 18 de setembro do 2008
Vuzix anunciou o
lanzamento das lentes de vÃdeo iWear AV310 Widescreen,
que amosan unha imaxe panorámica (16:9) que dan a sensación ao usuario de estar
fronte unha pantalla de 52 polgadas a 3 metros de distancia. Esta solución
permite asà un consumo audiovisual moi persoal, xa que as lentes se poden
conectar a reprodutores multimedia (soportando incluso os iPod), reprodutores
de DVD, cámaras de vÃdeo, consolas de videoxogos, móbiles con saÃda de vÃdeo e
outros dispositivos, sen precisar da acaparación do salón doméstico e
permitindo o uso en mobilidade.
O iWear AV310 Widescreen é compatible con sinal de vÃdeo PAL e NTSC, ten unha
autonomÃa de ata 5 horas cunha pila AA e se venderá nos EE.UU. por 249,95
dólares (uns 174,97 euros).