Lightning Returns: Final Fantasy XIII estrea versión de demostración
martes, 21 de xaneiro do 2014
- O personaxe de Lightning poderá personalizarse no xogo
Para o 14 de febreiro está previsto o lanzamento español de Lightning
Returns: Final Fantasy XIII, tÃtulo que hoxe estrea versión
de demostración para Xbox 360, que mañá
chegará tamén á PlayStation 3, permitindo asà que os seareiros da saga Final Fantasy poidan coñecer de primeira
man as novidades que incorporará esta última entrega.
A demo de Lightning Returns permitirá
adoptar o papel de Lightning na procura do seu vello amigo Snow Villiers na
cidade de Yusnaan, para o que haberá que combater a través do caos, permitindo
asà que botemos unha ollada ás mecánicas de combate, probando os elementos en
tempo real incorporados tanto ao campo de batalla como ao sistema de combate.
Tamén poderemos probar as opcións de personalización de Lightning.
Os xogadores que derroten ao xefe Zaltys ao final da demo e publiquen a súa
puntuación mediante Outerworld (ferramenta que liga o xogo ás nosas redes
sociais) desbloquearán a Sigfrido (personaxe de Final Fantasy VI) no xogo completo.
- Nesta nova entrega de Final Fantasy adoptaremos o rol de Lightning
VÃdeo no que fan un repaso do que ofrecerá o novo Final Fantasy