LittleBigPlanet inspira un xogo de carreiras de karts
xoves, 22 de marzo do 2012
O estudo Media Molecule está a celebrar o seu sexto aniversario
con grande éxito e dúas entregas da saga LittleBigPlanet
para PlayStation 3 ás costas, e aínda que tamén fan desenvolvementos para
plataformas portátiles, finalmente tiveron a ben anunciar
oficialmente un novo xogo da franquía para PlayStation 3: LittleBigPlanet Karting. Este xogo que chegará ás tendas este
mesmo ano podería considerarse como o
Mario Kart de PS3, pero non quere quedar nun mero xogo de carreiras, e vai
explotar tamén o punto forte de LittleBigPlanet,
a creación, de xeito que chegará co lema “xoga,
crea e comparte”.
Esta mestura entre os clásicos xogos de karts e a franquía de Sackboy promete
unha experiencia moi completa, atinada para todas as idades e para xogadores de
distinto nivel, do que podemos ver un pequeno avance no seu vídeo de
presentación: