LittleBigPlanet retrásase por detectarse no mesmo 2 versos do Corán

luns, 20 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do nivel no que se escoita a canción con referencias coránicas

O vindeiro día 27 chegará ás tendas norteamericanas a grande esperanza da PlayStation 3, o xogo LittleBigPlanet, con 3 días de retraso, mentres que en Europa non se distribuirá ata a semana do 3 de novembro, e o motivo desta demora na comercialización do xogo de Media Molecule non é outra que a detección de dous versos do Corán na canción Swinging Safari que aparece na fase do xogo coñecida como The Savannah.
Nun principio tiñan pensado solucionar o problema a través dun parque automático para o xogo, que se instalase dende o primeiro día para eliminar a polémica canción (o que sorprendería por tratarse dunha actualización que en vez de engadir contidos os elimina) pero finalmente optaron por retirar as copias do xogo e substituílas por outras sen a canción.
No tema se poden escoitar as frases «كل نفس ذائقة الموت» («kollo nafsin tha’iqatol mawt» que sería algo semellante a «toda alma saberá a morte») e « كل من عليها فان » («kollo man alaiha fan» ou «todo na terra perecerá»), o que podería molestar a moitos musulmáns, pois consideran moi ofensivo a mestura da música coas palabras do Corán, e para evitar problemas, dende Media Molecule preferiron ser moi prudentes, pois están a lanzar un xogo que pretende ser divertido para todo o mundo, e que aposta por converterse nun auténtico vende-consolas que salve á PS3 da súa mala posición comercial (xa que non só é a consola de nova xeración que menos vende, senón que incluso en moitos mercados se ve superada pola vella PS2).
LittleBigPlanet promete ser un xogo de grande éxito, aínda que o seu retraso de seguro que non agradará aos consumidores que xa encargaron copias deste título que quere converterse no referente para PlayStation 3.


Momento do xogo no que se pode escoitar a polémica canción

PUBLICIDADE