LittleBigPlanet será a aposta de Sony para mellorar as vendas da PS3
luns, 1 de setembro do 2008
Dende Sony están convencidos
de que o xogo de plataformas LittleBigPlanet
vai ser un auténtico vende-consolas,
e para deixar claro iso, dende
a tenda electrónica da FNAC en Francia xa presentan o que será o
pack da PlayStation 3 co devandito xogo que se venderá a partir do 5 de
novembro.
O paquete incluirá a consola, un mando sen fÃos Dualshock 3, 1 disco duro de 80
Gb, un cable Ethernet, 1 cable USB, 1 cable de vÃdeo e unha
copia de LittleBigPlanet por 399,99 euros, que é o que custa
actualmente tal versión da PS3 sen incluÃr o xogo, polo que se poderÃa
considerar unha boa oferta (posto que os xogos para PS3 tenden a custar 69,95
euros ao seu lanzamento).
É de agardar que o mesmo pack tamén chegue ás tendas españolas polo mesmo
prezo, o que serÃa un lanzamento moi atractivo de cara ao Nadal, podendo asÃ
achegarse Sony a un tipo de público máis propio de Nintendo, que poderÃa ser o
pulo que precisa a PS3 para consolidarse no mercado.
Por outra banda, parece que a data de chegada de LittleBigPlanet ás tendas (sen enpaquetar)
poderÃa
ser para o 30 de outubro.
Novo trailer de LittleBigPlanet