LittleBigPlanet vÃstese de superheroes de Marvel nunha nova edición para PS Vita
xoves, 11 de setembro do 2014
O aclamado xogo de PS Vita LittleBigPlanet vai estrear o vindeiro 19 de novembro por só 19,99
euros unha edición especial que inclúe numeroso contido adicional de Marvel,
como tres emocionantes minixogos (Sen
SaÃda, Interceptor SHIELD e Hero Rush) protagonizados por algúns dos
superheroes de Marvel máis populares e un armario cheo de novos traxes para
vestir a Sackboy (ou a Sackgirl).
Como vén a ser habitual nesta saga, poderemos gozar do xogo orixinal no que
explorar o planeta itinerante Carnivalia desvelando o seu misterio e
recuperando a súa vella gloria; aÃnda que non son poucos os que prefiren deixar
esta historia de lado para deixarse levar pola ferramenta que permite que
creemos os nosos propios niveis e xogos para compartilos co resto do mundo (á
vez que podemos gozar dos niveis creados por outros usuarios).
A incorporación de personaxes de Marvel a este xogo supón un interesante
complemente para darlle unha oportunidade a un dos xogos máis icónicos da
familia PlayStation.
- A nova edición de LittleBigPlanet integra personaxes de Marvel