LiveView achega os móbiles con Android ao pulso

martes, 28 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Pensando nos seus terminais con Android (a liña Xperia X10) Sony Ericsson presentou o LiveView, un accesorio Bluetooth cunha pantalla OLED de 1,3 polgadas cunha resolución de 128 x 128 píxeles, un tamaño de 3,5 x 3,5 x 1,1 centímetros e un peso de 15 gramos, que pode levarse no pulso coma un reloxo, así coma prendelo en correas e outras superficies valéndose dun soporte clip que inclúe. O Sony Ericsson LiveView comunícase sen fíos cos teléfonos con Android 2.x e serve como unha pantalla adicional na que consultar as notificacións do móbil (coma chamadas, SMS ou incluso mensaxes de Facebook) ou controlar funcións como a reprodución multimedia (Sony Ericsson liberou unha API para que os desenvolvedores poidan tirar proveito deste trebello que chegará ao mercado no último trimestre do ano).


Vídeo de presentación do Sony Ericsson LiveView

O Sony Ericsson LiveView resulta especialmente útil durante a práctica deportiva

PUBLICIDADE