Logitech incorpora ao seu catálogo un trackball que aposta pola comodidade
mércores, 6 de setembro do 2017
Antes de que os paneis táctiles se impuxesen nos ordenadores
portátiles houbo outros sistemas de control alternativos ao rato como pequenos
mandos integrados no teclado e bolas de desprazamento ou trackballs, sendo
estes últimos un tipo de accesorio que foi perdendo pulo e, aÃnda que non
chegaron a desaparecer do mercado, son descoñecidos para o grande público, de
aà que sorprenda a anuncio do Logitech
MX ERGO, un novo trackball sen fÃos que presume de precisión e comodidade e
destaca especialmente por contar cunha base abatible que pode inclinar o
dispositivo até 20 graos para que o usuario o asuste do xeito que lle resulte
máis confortable.
O novo trackball de Logitech ten un deseño moi semellante ao dun rato
informático, pero deixando un espazo para o dedo polgar que será onde se sitúe
a bola de desprazamento, e o fabricante sostén que este tipo de accesorio
reduce o esforzo muscular un 20% con respecto ao dun rato ordinario, aÃnda que
tamén cómpre advertir que hai escritorios en concreto nos que resulta
especialmente prácticos os trackballs e touchpads polo mero feito de ser
periféricos que están estáticos na mesa.
O Logitech MX ERGO é compatible con Logitech Easy Switch, de xeito que pode
conectarse a dous dispositivos á vez, sendo posible enlazalo con equipos
informáticos tanto por USB como mediante Bluetooth. Amais, de empregar o
software de Logitech Flow tamén poden controlarse 2 ordenadores á vez podendo
incluso aproveitar tal funcionalidade para transferir imaxes e textos entre
ambos equipos.
Este novo trebello integra unha baterÃa de 500 mAh que pode aguantar até 4
meses cunha carga completa e o prezo de venda deste trackball é de 115 euros.
- O novo trackball pode inclinarse até 20 graos para favorecer o seu uso confortable
VÃdeo promocional do Logitech MX ERGO