Logitech leva o seu teclado solar aos Mac

mércores, 17 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Logitech celebrou a chegada do verán co seu teclado solar sen fíos K750, que a moitos pode lembrarnos ás vellas calculadoras solares, por integrar un panel na súa parte superior para achegar enerxía para operar, que tamén destaca polo seu deseño ultrafino (8,4 milímetros de grosor), e que está á venda por 79,99 euros; pero agora queren levar este atractivo teclado ao mundo Mac, e anuncian unha versión do mesmo para equipos de Apple, de xeito que manteñen características, pero presenta unha aparencia semellante á dos teclados oficiais de Apple, coa posibilidade de adquirilo nunha completa gama cromática (prata, negro, azul, rosa e verde). Curiosamente este novo modelo terá un prezo de 59,99 dólares nos EE.UU. (polo que posiblemente poida conseguirse en España a finais de mes por 59,99 euros).
Cómpre destacar que este tipo de teclados teñen un consumo moi reducido, de xeito que poderían funcionar ata 3 meses a escuras, polo que o feito de que se alimenten de luz non debería ser un problema.

O Logitech Wireless Solar Keyboard K750 estará dispoñible en múltiples cores

PUBLICIDADE