Logitech presenta novas fundas protectoras para iPad

mércores, 15 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Para poder manter a integridade do iPad Air 2 ante eventuais caídas, Logitech, baixo a súa nova marca Logi, presenta unha familia de fundas protectoras nos formatos máis habituais, de xeito que teriamos a Logi BLOK Protective Shell que principalmente limitaríase a protexer a pantalla de rabuñaduras, e que se venderían en varias cores a 39,99 dólares; a Logi BLOK Protective Case, que achega unha forte resistencia a caídas, así como unha peaña para facilita o seu uso sobre a mesa, e que venderase a 69,99 dólares; e, finalmente, a Logi BLOK Protective Keyboard Case, que sería a típica funda todo-en-un, xa que sería unha versión da anterior incorporando tamén un teclado, o que elevaría o seu prezo até os 129,99 dólares.
Estes produtos aínda non están dispoñibles en Europa, tendo que agardar até o mes de agosto para velo nas nosas tendas, pero son uns produtos que demostran o bo facer de Logitech á hora de presentar produtos cun deseño atractivo, á vez que conseguen protexer un iPad de, por exemplo, unha caída sobre o cemento a 1,8 metros de altura, grazas á súa estrutura de polímero absorbente que protexe especialmente as equinas das tabletas (o punto no que son máis vulnerables).


Vídeo no que explican o desenvolvemento das fundas Logi BLOK

PUBLICIDADE