Logitech presenta un novo teclado ergonómico

mércores, 15 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Dende Logitech están a recuperar certa preocupación pola ergonomía, e ao igual que hai ano e medio sorprenderon co rato Logitech MX Vertical, agora presenta o teclado Logitech Ergo K860, que promete unha experiencia de uso máis confortable grazas á súa curvatura e os seus repousa pulsos, de xeito que durante o tecleo pódese manter unha postura máis natural.
O que máis sorprende deste teclado é que recupera unha tendencia que parecía abandonada, a de dividir a parte principal do teclado pola metade, separando fisicamente as teclas correspondentes a cada man, conseguindo así unha mellor orientación dos dedos dende unha postura cómoda.
Este teclado pode conectarse por Bluetooth con até 3 dispositivos ou enlazarse a través dun receptor USB, sendo compatible tanto con macOS como con Windows. Tamén conta con teclado numérico, e aliméntase mediante un par de baterías AAA (coas que consegue unha autonomía de até 2 anos).
O prezo deste produto nos EE.UU. será de 129,99 dólares (o prezo europeo aínda non foi anunciado).

Vídeo promocional do teclado Logitech Ergo K860

PUBLICIDADE