Logitech renova o seu rato sen fÃos para equipos portátiles
luns, 21 de setembro do 2020
Un dos ratos compactos de Logitech máis populares renóvase,
e asà temos o novo MX
Anywhere 3 (e a
súa versión especÃfica para Mac), que busca ser un complemento ideal para
equipos portátiles, procurando que o seu tamaño reducido non sexa un atranco
para contar cun bo desempeño e un manexo cómodo.
O MX Anywhere 3 integra a última xeración da roda de desprazamento MagSpeed, capaz
de desprazar até 1.000 liñas por segundo de xeito silencioso e cunha precisión capaz
de deterse nun pÃxel; que tamén resulta moi agradable para o usuario por estar
feita de aceiro mecanizado, de xeito que transmite unha sensación de calidade e
inercia dinámica. O rato realiza o seguimento en practicamente calquera
superficie, incluÃndo o cristal, de xeito que permite traballar en escritorios
tradicionais, mesas de cafeterÃas e incluso sobre un sofá.
Os laterais de silicona fan que o MX Anywhere 3 sexa sempre suave ao tacto; o
seu deseño facilita o seu transporte e limpeza, sendo tamén bastante resistente
ante os golpes e caÃdas propios do traballo móbil; a súa baterÃa permiten a 70
dÃas de uso cunha carga completa ou até 3 horas de uso con só 1 minuto de carga,
podendo empregarse mentres se carga mediante o cable USB-C incluÃdo; tamén
inclúe botóns para avanzar e retroceder; e aÃnda que poida conectarse aos
equipos por Bluetooth, tamén conta cun receptor USB.
Pode conectarse con até 3
dispositivos á vez, alternando entre eles con só premer un botón; está optimizado
para o uso de aplicacións como navegadores web, as aplicacións ofimáticas de
Microsoft e as aplicacións de deseño de Adobe, podendo tamén aproveitarse a súa
personalización para ferramentas de videoconferencia e colaboración como Microsoft
Teams e Zoom, onde serÃa posible aproveitar os botóns laterais para acender o vÃdeo
ou silenciar o micrófono.
Véndese por 92,99 euros en cor negra, branca ou rosa na versión para PC, entres
que a edición para Mac só está dispoñible en cor branca. A edición para Mac, en
vez de estar orientada a funciona con varios ordenadores á vez, pretende servir
para conectarse a equipos Mac e tamén a tabletas iPad.
- A versión para Mac do MX Anywhere 3 é compatible co iPad