Looxcie, unha videocámara Bluetooth para móbiles con Android

luns, 20 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Para a realización de gravacións de vídeo en primeira persoa xa hai tempo que hai distintas cámaras de vídeo que poden conectarse a un casco, pero a nova Looxcie faino aínda máis doado, pois estamos ante un dispositivo coma un sistema de mans, que colócase na orella, e que transmite o sinal captado a través dunha pequena lente a través de Bluetooth ata un móbil con Android (no que hai que cargar unha aplicación cliente), dende o que almacenar os vídeos que gravemos e que tamén servirá de visor para as gravacións.
A cámara Looxcie está xa á venda nos EE.UU. por 199 dólares (152 euros), e aínda que a súa calidade non é moi elevada, goza de vantaxes coma pode gravar de xeito instantáneo, pois conta cun buffer de 30 segundos, de xeito que antes de que pulsemos no software de gravación ao botón para rexistrar o que teñamos diante dos ollos a cámara xa estaría gravándoo e non perderiamos nada da acción. Pesa só 28 gramos e a súa autonomía permite a gravación de ata 4 horas seguidas en formato MP4 e tamén pode funcionar coma auricular para mans libres.


Vídeo de exemplo gravado coa Looxcie

PUBLICIDADE