Luvas que se quentan por USB

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

As luvas permite desentumecer as mans nos fríos días de inverno para poder xogar a pleno rendemento

Os frioleiros que queiran ter quentes as mans mentres empregan o seu ordenador ou botan unhas partidas coa súa consola de videoxogos con porto USB (como a PS2 ou a Xbox 360) na popular tenda virtual de Brando venden por 22 dólares unha luvas térmicas que se quentan alimentándose por USB, o que pode ser un interesante accesorio para os primeiros minutos na casa despois de volver das baixas temperaturas que fai no exterior en inverno.
Agora o entumecemento das mans polo frío non será desculpa para comezar a teclear rápido ou para manexar con soltura os nosos xogos favoritos (pois en 5 minutos as luvas son capaces de incrementar a temperatura 10 graos). Ademais, poden empregarse cubrindo os dedos completamente ou coma mitóns, aínda que coma defecto está o feito de que cada luva empregue un porto USB independente polo que, por exemplo, ocuparía os 2 portos USB frontais da Xbox 360 (sendo preciso acceder á parte traseira da mesma para conectar unha memoria USB).

PUBLICIDADE