MAG chegará a España o 28 de xaneiro

martes, 19 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Estes días está a funcionar en probas o xogo masivo multixogador para PlayStation 3 MAG, e finalmente anuncian que o seu lanzamento español vai ser antes do agardado, se xeito que este título de acción que permite xuntar a 256 usuarios na mesma partida (algo inédito nunha consola de videoxogos) poderá adquirirse a partires do vindeiro 28 de xaneiro.
Para celebrar o anuncio deste lanzamento, dende os foros oficiais de PlayStation están a sortear 10 copias de MAG, de xeito que os afortunados gañadores poderán facerse con este agardado xogo antes incluso da chegada ás tendas.

PUBLICIDADE