MGS: Snake Eater</Em> fará un uso intensivo das prestacións da 3DS

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A Nintendo 3DS está a ter problemas en buscar un lugar no mercado (tardou 13 semanas en superar o millón de unidades vendidas no Xapón, cando a DS precisou só de 4 semanas, e á DS Lite e á DSi levoulles só 8 semanas chegar a tal marca) o que podería parecer consecuencia do seu elevado prezo de lanzamento, pero que segundo parece responde máis ao seu catálogo de xogos inicial, que pouco a pouco vai medrando, e que promete achegarlle unhas fortes vendas para o Nadal. Entre os xogos que están a aparecer para a 3DS moitos destacan de xeito crítico a predominancia de remakes, pero iso non tería por qué ser algo negativo, especialmente se temos en conta que algúns títulos non son unha translación 1:1, senón que achegan innovacións e aproveitan as peculiaridades da nova portátil de Nintendo para provocar unha experiencia de xogo máis rica.

O xogo levará os elementos de interface á pantalla inferior da Nintendo 3DS

Un exemplo desto último é o agardado Metal Gear Solid: Snake Eater 3D, que aínda que inicialmente parecía un simple port do xogo homónimo para PlayStation 2, segundo imos avanzando de cara o seu lanzamento (agardado para novembro) vemos que é algo máis, especialmente no que a mecánica de xogo se refire, pois este título non só presentará a imaxe da acción na súa pantalla 3D, senón que tamén permitirá mover o punto de vista aproveitando o xiroscopio da 3DS (ou sexa, inclinando a consola portátil) e movendo a interface de control (nos que ver o mapa e seleccionar o armamento) á pantalla táctil da consola, tal e como podemos ver no seu novo trailer (no que non falta unha pequena broma cun cameo de Yoshi):

PUBLICIDADE