MSI Air Keyboard, o mando sen fÃos con sensor de movemento
luns, 8 de febreiro do 2010
Os usuarios de centros
multimedia de salón teñen unha nova opción para o seu control remoto, o MSI Air Keyboard, un teclado
de 80 teclas, sen fÃos, cunhas medidas de 142 x 88 x 32,9 milÃmetros e un peso
de 200 gramos que pode manexarse de xeito doado cos polgares e que destaca por
poder operar tamén coma rato facendo uso dun sensor de movemento integrado, de
xeito que o punteiro en pantalla poderÃa manexarse dun xeito semellante ao
mando dunha Wii.
O teclado tamén conta con botóns de atallo para acceder a programas de uso
común e funcións multimedia. Funciona para Windows 98/XP/Vista/7 e Mac OS X, aliméntase de 2 pilas AA que garántenlle un uso continuo de máis de 50 horas e o
seu prezo de venda baixo a marca Cideko será de 79 euros.
Demostración do funcionamento do novo teclado sen fÃos comercializado por Cideko