MSI comercializa un portátil pensado para xogar

martes, 7 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os afeccionados aos xogos para PC tende a mercar ordenadores de alto rendemento gráfico para poder levar os seus equipos a un nivel moi superior ao que actualmente dan as consolas de videoxogos, o que non resulta doado en portátiles, aínda que é posible grazas a equipos como o MSI GT683, un impresionante portátil cun prezo relativamente moderado (1.599 dólares nos EE.UU. e 1.350 euros en Europa) e unhas prestacións de infarto.
O MSI GT683 funciona cun procesador Intel Core i7, 8 Gb de memoria de sistema, gráfica nVIDIA GTX560M con 1,5 Gb de memoria, disco duro SATA2 de 7200 rpm e 640 Gb de capacidade (mediante 2 unidades en RAID 0), pantalla Full HD de 15,6 polgadas, cámara de 2 Mpíxeles con gravación de vídeo en alta definición, Gigabit Ethernet, Wi-Fi N, Bluetooth, lector de tarxetas 4-en-1, audio 7.1 (con certificación THX), 2 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, conectores VGA, HDMI e eSATA, sistema operativo Windows 7, batería de 9 celas (o que permitiría unha autonomía dunhas 3 horas), un peso de 3,5 quilogramos e unhas medidas de 395 x 265 x 35-46 milímetros. Unha combinación que agradecerán os que queiran ter un equipo transportable e apto para xogar aos títulos máis esixentes.

PUBLICIDADE