Magellan comercializa un kit de luxo para empregar o iPhone coma navegador GPS

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os fabricantes de navegadores GPS tamén poden tirar proveito da incorporación de receptores GPS nos teléfonos móbiles, e así, compañías coma Magellan non só teñen aplicacións de navegación para o iPhone (de pagamento), senón que tamén comercializan un kit que permite levar o móbil de Apple no coche para utilizalo coma navegador de a bordo. Este paquete de accesorios que está á venda por 129,99 dólares (102,07 euros) non só ten un soporte para o iPhone que permite colocalo (no salpicadeiro ou no parabrisas) en vertical ou horizontal (así coma cargar a súa batería) e un altofalante integrado e un micrófono con cancelación de ruído, senón que tamén incorpora un receptor GPS que pode mellorar a recepción da posición do iPhone ou incluso dotar de tal funcionalidade a un iPod Touch de segunda xeración.
Aínda que esta solución está optimizada para o seu uso coa aplicación Magellan RoadMate par ao iPhone, é compatible coa meirande parte do software de navegación GPS para os terminais de Apple.

PUBLICIDADE