Maldita Castilla EX terá versión para PS Vita

mércores, 25 de outubro do 2017 Marcus Fernández

O periplo comercial do xogo con aire retro Maldita Castilla EX non para de dar alegrías aos amantes deste tipo de títulos, e tras adaptarse o xogo a Xbox One, PlayStation 4, PC (Steam) e Nintendo 3DS chega agora a unha plataforma máis, PlayStation Vita, consola portátil para a que verá a luz o 9 novembro a un prezo de 11,99 euros na PlayStation Store.
Para este novo lanzamento Abylight Studios e Locomalito uniron forzas con Eastasiasoft Limited, o que posibilita que non só vaiamos ver este título en dixital, senón que a través de Play-Asia venderán 4.000 copias nunha edición física que poderase reservar a partires do 1 de novembro a un prezo de 34,99 dólares, co que inclúen unha copia do xogo, manual de instrucións a toda cor (20 páxinas), CD coa banda sonora (56 pistas/70 minutos), libro de fotografías co Making of do xogo (32 páxinas) e caixa de coleccionista.
Este xogo coñécese internacionalmente como Cursed Castilla e trátase dunha homenaxe a títulos como Ghost’n’Goblins, pero mudando a súa imaxe para adaptarse a España e á mitoloxía europeo, ofrecendo 8 fases distintas con máis de 48 inimigos, 19 xefes finais e até 4 finais diferentes.

Play-Asia venderá o xogo en edición física

PUBLICIDADE