Maletín transformable en mesa para o ordenador portátil

martes, 2 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Entre a xenialidade e o ridículo máis espantoso atópase un novo maletín para o ordenador comercializado no Xapón por Thanko a un prezo de 5.980 iens (52,83 euros), pois a orixinal bolsa de transporte, cunhas medidas de 44 x 15 x 33 centímetros e un peso de 2,7 quilogramos agocha no seu interior unha mesa encartable, de xeito pode transformarse nun escritorio improvisado para o noso ordenador portátil.
Este orixinal maletín/mesa (con patas axustables en altura), ten un soporte con 2 ventiladores e unha superficie lateral para a uso dun rato informático, contando tamén con 2 petos de almacenamento e outro peto adicional con cremalleira. O interior do maletín está acolchado e pode dar acubillo a un equipo de ata 35 x 24 x 3,5 centímetros.

O novo maletín de Thanko pode servir de oficina móbil para blogueiros e xornalistas

PUBLICIDADE