Mando arcade de Mad Catz inspirado en Marvel vs Capcom 3

martes, 1 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A un par de semanas para a chegada ás tendas do xogo Marvel vs Capcom 3: Fate of Two Worlds confirman que Mad Catz vai comercializar mandos arcade para PlayStation 3 e Xbox 360 coa imaxe deste novo título de loita, que estarán construídos con compoñentes con calidade de máquina recreativa subministrados polo prestixioso fabricante xaponés Sanwa Denshi.
Como xa aconteceu cos mandos do mesmo fabricante comercializados co gallo do lanzamento de Street Fighter IV é de agardar que haxa problemas de abastecemento destes mandos, por seren unha edición limitada (dunhas 5.000 unidades) polo que o seu elevado prezo (159 dólares nos EE.UU.) non parecen ser o suficientemente disuasorio para os amantes deste tipo de título que queren revivir no seu fogar a experiencia de botar unha partida nas case desaparecidas salas de xogos.

PUBLICIDADE