Mar achega oito drons para tarefas de salvamento e descontaminación no mar
luns, 7 de xuño do 2021
A Consellería
do Mar presentou a
semana pasada
novidades tecnolóxicas
relevantes
no programa de
dotación e renovación de medios para o labor do persoal mariñeiro.
Así, subministraranse
8 drons, dos cales 4 serán submarinos
e os outros 4, aéreos, co fin de favorecer as tarefas de salvamento
e loita contra o furtivismo e a contaminación mariña.
Desta
forma, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, fixo fincapé “no
importante papel do Servizo de Gardacostas de Galicia na protección
do medio mariño e das tarefas de salvamento e loita contra o
furtivismo e a contaminación mariña”. Quintana destacou “a
dársena coruñesa de Oza como zona onde partiu a bordo unha
embarcación para comprobar o funcionamento destes medios”.
En
xeral, os drons están distribuídos nas bases que Gardacostas ten na
Coruña e Vigo e tamén nos servizos centrais de Santiago de
Compostela e na embarcación itinerante Paio Gómez Chariño. Cabe
mencionar que nos dous últimos casos son para os desprazamentos
itinerantes por toda a costa. Este novo equipamento supón un custe
total de arredor de 22.000 euros.
A
iniciativa súmanse ao plan de renovación parcial da frota que está
a desenvolver a Xunta no Servizo de Gardacostas e que leva acumulado
máis de 12 millóns de euros de investimento. Ademais, a estas
unidades engadiranse outras que supoñen un investimento total de
máis de 10 millóns de euros. Por exemplo, 4 patrulleiras lixeiras
con base en Ribeira, Celeiro, Vigo e A Coruña. Todas as
embarcacións son aptas para tarefas de inspección e vixilancia
pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de
busca e salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.
Doutra banda, ampliarase o cadro de persoal do organismo autonómico,
que incorporará máis de 40 profesionais nos últimos anos para
labores de inspección veterinaria e de loita contra o furtivismo, e
coa renovación de máis dunha vintena de vehículos.