Marbly, o primeiro xogo exclusivo para móbiles do creador de Tetris
venres, 31 de maio do 2013
O creador do Tetris, Alexey Pajitnov, volve á carga, e desta
volta prepara unha serie de xogos para dispositivos móbiles en colaboración con
WildSnake Software, que comezan con Alexey’s Challenge:
Marbly, o primeiro xogo de Pajitnov exclusivo para móbiles e tablets,
que vén de estrearse na App Store como aplicación Free-to-Play, de xeito que
podemos descargalo de balde, podendo adquirir logo moedas para poder continuar
a desbloquear quebracabezas e desafÃos (sendo tamén posible gañar as moedas
dentro do propio xogo, como vén a ser habitual dentro deste modelo de negocio).
A mecánica de Marbly é bastante
sinxela, tendo que mover burbullas de cores aliñando 3 ou máis da mesma cor
para facelas desaparecer ata limpar o escenario completo, o que pode facerse
sen lÃmite de tempo en escenarios normais ou con certas condicións (número
máximo de movementos, tempo lÃmite...) nos desafÃas que propón o xogo.
Na súa estrea Marbly presenta máis de
180 quebracabezas que solucionar, e integra o Game Center para contar con
logros e taboleiros de puntuacións.
- O xogo conta con máis de 180 quebracabezas