Marca achega uns altofalantes coa forma do estadio Santiago Bernabéu

venres, 20 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

As promocións da prensa española están a achegar ao público sintonizadores de TDT, televisores, kits de mans libres e moitos outros trebellos para atraer a atención do lector, pero a xente de Marca parece ir máis aló que o resto de cabeceiras impresas ao iniciar este domingo unha promoción na que permite que os afeccionados ao Real Madrid merquen por 9,95 euros (e 25 cupóns publicados no diario deportivo) unha base para o reprodutor multimedia que fai de amplificador, radio FM e reloxo espertador, que ten a forma do estadio Santiago Bernabéu.
A orixinalidade e esaxeración deste dispositivo xa lle valeu a súa aparición en blogs internacionais.

PUBLICIDADE