Mario Sports Mix chegará á Wii en febreiro
venres, 24 de decembro do 2010
As aventuras de
Mario van moito máis aló de xogos de plataformas, e tamén teñen bastante
aceptación no xénero deportivo, con xogos de tenis, carreiras ou olimpÃadas, do
que son moi conscientes en Nintendo, de aà que anuncien
para o vindeiro 4 de febreiro o xogo Mario
Sports Mix, que integra nun único tÃtulo baloncesto, balón prisioneiro,
hóckey e volleyball, no que promete ser un dos supervendas da primeira metade
de 2011.
No novo xogo aparecerán personaxes coma Wario, Diddy Kong, Bowser, Yoshi e
moitas figuras de xogos de Nintendo que animarán as pachangas na Wii, que contarán con caracterÃsticas e ataques de
seu. Tamén contará coa posibilidade de xogar a 4 xogadores, tanto a pantalla
partida coma en liña, garantindo moitas horas de diversión.