Marvel Super Heroes 3D achega as 3D á Wii en televisores normais
venres, 10 de decembro do 2010
Mentres
as consolas de alta definición contan con xogos adaptados a televisores 3D,
para a Wii aparece Marvel
Super Heroes 3D: Grandmaster’s Challenge, un xogo para cativos que inclúe
5 máscaras dos personaxes Spider-Man, Iron Man, Capitán América, Thor e Lobezno con lentes de cores azul e
vermello para poder ver o xogo nun televisor ordinario valéndose dun modo de
xogo que presenta os gráficos coma anaglifos, o que non dá unha calidade moi
boa, pero resulta un orixinal complemento para este tÃtulo de Bigben
Interactive no que os heroes de Marvel deberán superar os retos impostos polo
Gran Mestre, cunha mecánica de xogo moi sinxela para que os pÃcaros poidan
pasar bos momentos gozando da experiencia de meterse na pel dos seus
superheroes favoritos.
Trailer do xogo de Bigben Interactive