Marvel vs Capcom 3 contará con Hsein-Ko e unha sentinela

venres, 28 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

A menos de 20 días para que chegue ás tendas o agardado Marvel vs Capcom 3: Fate of Two Worlds continuamos a coñecer o nome de loitadores a incorporar ao xogo, sendo os últimos confirmados a vampiresa chinesa Hsein-Ko (da saga Darkstalkers) e unha sentinela (robot xigante cazador de mutantes, clásico inimigo da Patrulla X).
Con estas novas incorporacións o xogo sumaría 36 personaxes (estando anunciados polo momento 2 máis coma contido descargable) e tamén alimentaríase o rumor de que como personaxe final podería estar o devorador de mundos Galactus.


Vídeo de presentación de Hsein-Ko


Vídeo de presentación da sentinela

PUBLICIDADE