MediEvil estrea remake para PS4

venres, 25 de outubro do 2019 Marcus Fernández

En 1998 chegou á primeira PlayStation o xogo MediEvil, converténdose nun dos títulos máis icónicos da consola de Sony, de xeito que o seu protagonista era case unha mascota da compañía, aparecendo en numerosas campañas promocionais, e agora, este hack and slash renóvase, e estrea versión para PlayStation 4.
Este novo remake de MediEvil combina as mecánicas clásicas con gráficos en ultra alta definición, permitindo meternos nos osos de Sir Daniel Fortesque, un cabaleiro algo zoupón resucitado por accidente polo seu inimigo, o malvado feiticeiro Zarok, a quen terá que enfrontarse para salvar o reino de Gallowmere e converterse nun auténtico heroe.
Cómpre salientar que o xogo chega dobrado ao español, e conservando as voces e interpretacións do xogo orixinal, reforzando a nostalxia que é o principal reclamo deste remake que pouco ten que aportar aparte de permitirnos recuperar un clásico nunha máquina moderna.

Tráiler de lanzamento de MediEvil

PUBLICIDADE