Medra a familia de equipos Surface Hub

luns, 24 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Antes do verán Microsoft anunciou o Surface Hub 2, unha nova versión da súa pantalla táctil interactiva de grande formato para traballo en grupo, que cun tamaño de 50,5 polgadas e resolución 4K+ quere abrir posibilidades ás xuntanzas e aos traballos colaborativos e, aínda que só está en fase de probas, esperándose o seu lanzamento comercial en 2019, a compañía de Redmond xa está a diversificar o produto, anunciando que vai contar tamén co Surface Hub 2S e o Surface Hub 2X.
O Surface Hub 2S ten prevista a súa comercialización no segundo trimestre de 2019, e busca ser unha versión lixeira, delgada e cun deseño atractivo, que achegue todas as posibilidades propias desta familia de produtos para o ámbito profesional.
A maiores tamén están a preparar o Surface Hub 2X, que non chegaría ao mercado até 2020, e contaría con funcións de rotación e inclinación, así como a posibilidade de que varios usuarios se identifiquen simultaneamente no mesmo.

PUBLICIDADE