Mega Man Legacy Collection 2 completa a primeira serie de xogos de Mega Man

martes, 8 de agosto do 2017 Marcus Fernández

En 2015 Capcom quixo recuperar os seis primeiros xogos de Mega Man nun recompilatorio chamado Mega Man Legacy Collection que saíu para Xbox One, PS4, PC e Nintendo 3DS, servindo así de homenaxe ao célebre bombardeiro azul e hoxe dá continuidade a este produto pondo á venda para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam) Mega Man Legacy Collection 2, unha colección que recolle os xogos que van dende Mega Man 7 até Mega Man 10 a un prezo de 14,99 euros (podendo mercarse ambas recompilacións de xeito conxunto por 24,99 euros).
Este nova compilación non só inclúe os xogos orixinais, senón que tamén incorpora os contidos descargables que saíron para Mega Man 9 e Mega Man 10, o que facilita a súa superación mediante modos de xogo máis doados. Tamén inclúese moito contido adicional, como retos, un reprodutor musical e incluso unha completa galería de ilustracións.
Temos así unha magnífica oportunidade para que os seareiros de Mega Man poidan lembrar algúns dos seus clásicos, mentres que os novos xogadores tamén poden así achegarse a un personaxe que é toda unha icona, e experimentar así en primeira persoa como chegou a tal consideración.

Este último recompilatorio recolle os 4 últimos xogos da saga orixinal de Mega Man
O xogo é unha fiel reprodución das entregas clásicas de Mega Man, sen modificacións gráficas

Tráiler de lanzamento da Mega Man Legacy Collection 2

PUBLICIDADE