Meizu PRO 6 Plus, a nova aposta chinesa pola alta gama
mércores, 30 de novembro do 2016
Ao ben recibido Meizu
PRO 6 vén de saÃrlle un irmán maior, o Meizu
PRO 6 Plus, que busca converterse no novo smartphone insignia da compañÃa
chinesa, cunhas especificacións que permÃtenlle mirar de igual a igual a moitos
grande teléfonos da competencia, en boa medida porque funciona cun potente
procesador Exynos 8890 de Samsung (o mesmo empregado polo Galaxy S7).
Este smartphone de acabado metálico dispoñible en 3 cores distintas (gris,
prata e oro champaña) e cun grosor de só 7,3 milÃmetros non só presume dun
potente procesador que ven acompañado por unha gráfica Mali-T880 de 12 núcleos,
senón que tamén impresiona pola súa pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas cunha
resolución Quad HD (2.560 x 1.440 pÃxeles) que integra as tecnoloxÃas 3D Press
e Always-On Display. Outra tecnoloxÃa integrada, que pode sorprende, é que o
seu sensor de pegadas dixitais mTouch, aparte de ser capaz de identificar ao
usuario en menos de 0,15 segundos, tamén pode medir o ritmo cardÃaco.
Como cámara traseira o novo smartphone de Meizu conta cun sensor CMOS IMX386 de
Sony de 12 MpÃxeles cun sensor IPS de Samsung e estabilización óptica de imaxe,
de xeito que serÃa a mellor cámara que o fabricante chinés integrou nunca nun
teléfono. A cámara frontal queda en 5 MpÃxeles.
O Meizu PRO 6 Plus conta cunha baterÃa de 3.400 mAh cun sistema de carga rápida
(por USB-C) que pode completala até o 60% en só 30 minutos, o que é unha
prestación que deixará a moitos usuarios tranquilos, xa que non deixa o móbil
ancorado a un enchufe durante horas pese á capacidade da súa baterÃa.
Este Meizu cunhas especificacións que o fan parecer un teléfono de Samsung
sairá á venda con 4 GB de RAM LPDDR4 e 64 GB de almacenamento interno (UFS 2.0)
por 2.999 iuans (409 euros), mentres que o modelo con 128 GB de capacidade
custará 3.299 iuans (451 euros), aÃnda que os prezos internacionais serán
substancialmente superiores, polo que queda claro que estamos ante un produto
de alta gama, categorÃa na que Meizu está a conseguir entrar coa cabeza ben
alta.
- O Meizu PRO 6 Plus conta cun coidado deseño externo e prestacións que o asemellan ao desaparecido Samsung GALAXY Note 7