Memoria USB TDK de 16 Gb
xoves, 12 de marzo do 2009
As memorias USB non
paran de medrar en capacidade e prestacións para competir nun dos mercados máis
dinámicos que podemos lembrar, e como exemplo temos a TDK TRANS-IT que
se vende en capacidade de 2, 4, 8 e 16 Gb, custando
o modelo superior só 30 euros, quedando en evidencia que as memorias
flash teñen agora un uso que vai moito máis aló de gardar documentos de texto e
imaxes.
Amais, esta memoria compatible con Windows e Mac OS X integra unha solución que
permite protexer o acceso ao seu contido mediante contrasinal, para o que non
será preciso instalar unha aplicación dende CD, senón que o propio dispositivo
é auto-instalable (algo cada vez máis habitual, e que agradecen os usuarios).