Memoria USB con forma de kunai

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados ao manga e á serie de animación protagonizada por Naruto Uzumaki (ou de Hatori, o ninja) poderán sentirse auténticos ninja grazas a unha memoria USB de 2 Gb que venden no Xapón, e que ten a forma dun kunai (unha especie de puñal ninja). Este curioso produto está fabricado por Solid Alliance, e está á venda por 11.500 iens (84,98 euros), prezo ao que tamén vende outra memoria USB con forma de shuriken (estrela ninja).
Este tipo de dispositivos resultan un tanto incómodos pola súa forma, e caros polo seu prezo, pero son un atractivo agasallo para rapaces afeccionados ao ninjutsu ou a distintas obras de ficción nas que aparecen distintos shinobi idealizados (principalmente seguindo un código de conduta semellante ao bushido, o que resulta paradoxal).

PUBLICIDADE