Memorias USB con cervexa no seu interior

luns, 6 de outubro do 2008 Marcus Fernández

As memorias USB de CNK Promotions aceptan distintos niveis de personalización

Alfombriñas, ratos e moitos outros accesorios para o ordenador se personalizan en moitas ocasións con fins publicitarios, e a empresa norteamericana CNK Promotions sorprende ao mundo coas súas memorias USB que non só se limitan a amosar no seu exterior serigrafías con logotipos, senón que mesmo permite encargar unidades con líquido no seu interior (no que podería haber obxectos flotando), propondo como exemplo unha memoria USB de Budweiser cun líquido semellante á cervexa no seu interior, resultando moi rechamante.
Este concepto se podería aproveitar para moito tipo de promocións (tanto para bebidas como para produtos de limpeza, por citar un par de exemplos) e se poden encargar a partir de 250 unidades, en capacidades de entre 128 Mb e 8 Gb (con prezos que chegan ata 10,70 dólares e 40 dólares respectivamente, reducíndose segundo o volume de unidades).

PUBLICIDADE