Meta despide máis de 11.000 traballadores
mércores, 9 de novembro do 2022
As empresas tecnolóxicas están a padecer a conxuntura
económica global en maior ou menor medida, de xeito que os xigantes da Internet
non poden permanecer impasibles ante a incerteza, e tras o
despedimento de 3.700 traballadores de Twitter chega agora o anuncio de que
Meta
prescindirá de preto do 13% do seu cadro de persoal, superando os 11 mil despedimentos.
Estamos ante o momento máis complicado na historia da compañÃa de Mark Zuckerberg,
quen recoñece a súa responsabilidade nesta situación, que considera que é
consecuencia de malas previsións nos últimos dous anos, pois non foron capaces
de anticipar que o forte crecemento do sector tecnolóxico provocado pola
pandemia e os confinamentos non se sosterÃa no tempo.
Meta disparou os seus investimentos durante a pandemia, e agora que a economÃa
non está nunha etapa alcista, teñen que afrontar as consecuencias da redución
de ingresos, mellorando a súa eficiencia e reducindo a súa escala, polo que
reducirán os seus custos en todas as súas divisións, afectando dende o espazo
ocupado polas súas oficinas (chegando incluso a que os traballadores que pasen
a meirande parte da súa xornada fóra da oficina teñan que compartir escritorio)
até ao número de traballadores.