Meta presenta Llama 3
xoves, 18 de abril do 2024
Tras anticipalo a semana pasada, Meta presentou hoxe Llama 3, a renovación do grande modelo de linguaxe da compañÃa de Mark Zuckerberg, dispoñible como código aberto e que está a integrarse en Meta AI, un dos asistente de IA máis importantes do momento, integrado en Facebook, Instagram, WahtsApp e Messenger, aÃnda que polo momento limitando a súa distribución a EE.UU. e uns poucos paÃses máis, e limitándose á lingua inglesa.
Neste momento Meta IA pode axudar en distintas tarefas ofrecendo recomendacións e incluso pode xerar imaxes en función das nosas indicacións (podendo incluso animalas), o que podemos ver como unha alternativa a ChatGPT, pero coa vantaxe de que, aparte de executar o asistente na súa páxina web, tamén é posible recorrer a el nas ferramentas de comunicación de Meta. De feito, incluso pode axudar a obter máis información sobre un tema que esteamos a ver en Facebook.
Tamén é importante salientar que esta intelixencia artificial está dispoñible para consultas faladas directamente dende as lentes Ray-Ban Meta (facendo moi natural o seu uso) e proximamente tamén estará dispoñible nos visores Meta Quest.
Dende Meta presumen de que Llama 3 está á altura doutros modelos de linguaxe propietarios, coas vantaxe de estar aberto á comunidade, e prometendo que proximamente contará con posibilidades multilingües e multimodais.