Metal Gear Solid Touch xa é un xogo completo

xoves, 23 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios do iPhone e iPod Touch que hai cousa dun mes mercaron o xogo Metal Gear Solid Touch, no que inicialmente era unha primeira entrega, teñen xa dispoñible unha actualización de balde que incorpora ao xogo 8 novas misións, 20 novos fondos de pantalla e un maior soporte lingüístico (incorporando francés, alemán, italiano e español).
Esta versión 2.0.0 do xogo de Kojima Production conservará as misións gravadas da anterior entrega (para poder continuar as partidas onde se deixaron) aínda que o feito de que este título pese uns 137 Mbytes fai que só poida descargarse por Wi-Fi ou a través de iTunes.

PUBLICIDADE