Metal Gear Solid terá versión para N-Gage
martes, 20 de maio do 2008
Solid
Snake poderá correr as súas aventuras en teléfonos móbiles grazas á nova
versión de Metal Gear Solid que
aparecerá para N-Gage
grazas a un acordo de Nokia con Konami, no que poderÃa ser o tÃtulo con
mellores gráficos que se veu ata o momento nun móbil.
Metal
Gear Solid Mobile será un xogo de acción e espionaxe desenvolvido
coa colaboración de Ideaworks3D e utilizando mostras de cor sacadas
do mundo real mediante capturas de cámara, polo que terá un realismo sen
precedente para un xogo de móbil.
Actualmente a nova plataforma de xogos de Nokia funciona para os terminais N81,
N82 e N95 (en breve tamén para N73, N93 e N93i) e conta cun crecente catálogo de xogos
(como Tetris ou FIFA 08) ao que se incorporarán tÃtulos coma Sims 2, Worms World Party
ou DogZ, que se venden a prezos de
entre 7 e 10 euros.